sábado, 28 de marzo de 2009

Práctica de DOBRAXE


A clase de hoxe dedicámo-la a iniciación á dobraxe.

Comprobámo-las dificultades de elaboración dun guión de dobraxe, o seguimento do código de tempo do video master e a mestura final.

A práctica consistiu na dorbaxe dunha secuencia da película "Kill Bill". Nela cambiamos por completo o guión orixinal e o dobramos ó galego.

Os locutores foron os propios alúmnos do curso e dos que nos levamos unha gran sorpresa, porque para ser a súa primeira proba de TAKE nun atril, fixérono francamente moi ben.


Na próxima clase faremos a preproducción do proxecto de fin de curso: a curtametraxe "FOUCELLAS, UN CAFÉ DE POTA?"