Cun total de 14 alumnos, iniciamos o pasado 10 de Xaneiro o curso no concello de Oza dos Ríos. Os horarios son:
Sábados de 10:00h -13:00h.
A data de finalización do curso será no mes de Maio, no que estrearemos o proxecto final.
Despois dun mes de traballo, puidemos comproba-la enorme calidade creativa co que contan os veciños de Oza dos Ríos. Entre os alumnos podemos contar con fotógrafos, actores e actrices, directores de arte, sonidistas...
As clases son realmente moi participativas, nas que adicamos unha gran parte á práctica, analizamos traballos realizados por diversos cineastas, grandes produccións e outra parte importante a adicamos a traballar no futuro proxecto que realizaremos.
Dende Mandeo Records e Aira Dixital agradecemos a colaboración dos alumnos e a súa implicación no curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario